sábado, 28 de febrero de 2015

Comezamos a debuxar¡

O debuxo é unha linguaxe en se mesmo, comunica e transmite ideas, tanto é así que existen álbums ilustrados sen texto, é un erro dicir que a ilustración sempre reinterpreta ao texto, ás veces é o escritor o que utiliza as imaxes dos ilustradores para inspirarse e crear os seus textos, como por exemplo nesta páxina na que podes utilizar as suxestivas ilustracións que nos ofrece e crear as túas propias historias, http://storybird.com/create/. O ilustrador non "pon a súa ARTE ao servizo de ningún texto", nin o seu traballo  é "meramente decorativo", o ilustrador crea personaxes, mundos visuais únicos, coa cor, as formas, as texturas e o trazo. O ilustrador documéntase, crea escenarios, roupas, dá vida á historia. O ilustrador é autor e así contémplase no negocio editorial.

Respecto ao debuxo, esa  linguaxe universal á que todos temos acceso e que non está vinculado ao talento,  non é un don que uns poucos desenvolven, é a nosa mellor arma para crear, non teñas medo ao folio en branco, debuxa e o medo desaparecerá, de nenos todos empezamos a debuxar antes que a escribir, en que momento deixamos de facelo ? 

Comezamos o noso taller de ilustración perdéndolle o medo ao debuxo, non importa se te equivocas, o erro é o noso mellor recurso, temos que tirar moitos folios para aprender.

Comezamos a debuxar nen@s¡¡¡

Sen medo a debuxar¡ from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
#ElArteImporta
O debuxo é unha linguaxe universal, unha ferramenta de coñecemento, un medio de expresión, unha forma de pensar.
Debuxo:Inés Camaño
Cámara :Xabier Zuñiga

Música :Mmfff - Polychromatic Journey

No hay comentarios:

Publicar un comentario