lunes, 8 de junio de 2015

NACEMENTO DE BARXILÓN

Hoxe recibimos unha grata noticia e por fin a nosa criatura "Barxilón no Mar do Latón", xa está connosco. As 12:00 chegou ao IES AS BARXAS, o noso amigo Pucho, de Gráficas Lasa, cunha furgoneta cargada de exemplares que Angel, Martín e Juan, axudaron a transportar.

Aquí tedes o histórico momento:



Nos vindeiros días, envíaremos un exemplar por correo a cada biblioteca dos centros galegos de educación  infantil, primaria e secundaria. A cambio só vos pediremos que subades unha foto do libro de Barxilón ao seu perfil de facebook.

O libro non se destina a venta, se alguén quere facerse con él, haberá exemplares extra dispoñibles o día da presentación, para intercambiar por un donativo para axudar ao noso amigo MATEO.

BENVIDO Á CASA BARXILÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario