viernes, 5 de junio de 2015

PADRIÑOS DE BARXILÓN: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR


Naceu en Melide en 1946.

Criouse na Golada e estudou Ciencias da Educación en Santiago de Compostela. Creou o grupo de teatro Ancoradoiro e colaborou na Voz de Galicia e o Faro de Vigo, entre outros.

É profesor de educación secundaria, xubilado, e veciño de Cangas dende fai moitos anos, onde ten unha rúa co seu nome.

A sua obra é moi extensa e abarca todos os xéneros: narrativa, poesía, narrativa, teatro, ensaio, literatura infanto-xuvenil e numerosas obras colectivas e premios (Eduardo Pondal, Cidade de Ourense, Esquío de poesía, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Crítica da narrativa galega, Vicente Risco..).

En 2008, concedéronlle a letra E na Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2008, ademais de nomealo socio de honra.


Pero nós queremos destacar as súa honestidade e o papel que leva xogando durante toda a súa vida, na defensa da nosa lingua e do territorio.

A súa última obra é Antípodas, da editorial Xerais, libro no que pretende ser el mesmo, e desabafarse dos terrores e pánicos acumulados tras un infarto, nun exercicio de liberdade.

Se queredes coñecelo un pouco máis, aquí vos queda a entrevista que lle realizaron @s alumn@s do IES Manuel García Barros, da Estrada, dentro da asignatura de Literatura Galega do s.XX e da actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario