martes, 9 de junio de 2015

XOGANDO CON BARXILÓN

Uf! Case chegamos tarde, eh?! Mañá é a gran presentación e imos asistir, estamos moi emocionad@s!! Aquí en Negreira xa (case) o temos todo listo para a viaxe, incluíndo unha das nosas aportacións ao proxecto: "O GRAN XOGO DO BARXILÓN".

Pasamos moitos traballiños para elaboralo:
1º. Escollemos un xogo sinxelo para poder empregalo cos peques de Educación Infantil do cole.
2º. Escollemos as ideas máis importantes do conto para convertelas nas casas do noso xogo.
3º. Preparamos as regras de xogo de dúas maneiras: para xogar co taboleiro de mesa, e para xogar cun gran xogo tamaño XXL para gozar en equipo o día que vaiamos a contarlles o contiño aos peques.

Deseñar as diferentes casas foi divertido, pero non tanto como preparar as regras... Mi madriña que cousas se nos ocorrían!!

Aquí podedes ver algunhas fotos nosas preparando o xogo e a imaxe do taboleiro de sobremesa para que vos vaia apetecendo xogar connosco mañá. Vémonos axiña!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario